Secretaría Uvigo - Proxecto de planta solar térmica para AQS nun camping de 2ª categoría

Proxecto de planta solar térmica para AQS nun camping de 2ª categoría

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Manuel Caride González
Titoría: Jorge Carlos Morán González
Tribunal Secretaría: María Elena Albo López
Vogalía: Eloy Díaz Dorado
Presidencia: Camilo José Carrillo González
Vogalía: Joaquín Baltasar Collazo Rodríguez
ResumoO proxecto que se vai desenvolver consiste no deseño e cálculo dunha instalación solar térmica para a produción de ACS, compensando o consumo das caldeiras de gasoil existentes nun camping de segunda categoría situado no concello de Moaña. A instalación realizarase sobre a edificación existente e enfocarase en satisfacer as necesidades de aproximadamente 350 persoas durante a tempada que se estende dende o 15 de maio ao 15 de setembro. Realizaranse os cálculos e o deseño necesarios para garantir o funcionamento óptimo da instalación, considerando unha distancia de 50 metros entre a sala de caldeiras e a planta solar térmica. Ademais, xestionarase a tramitación administrativa necesaria para a legalización da instalación, asegurando o cumprimento de todas as normativas e requisitos correspondentes. O obxectivo principal do proxecto é lograr unha instalación eficiente, que proporcione un subministro constante de auga quente sanitaria durante a tempada de funcionamento do camping.
Volver