Secretaría Uvigo - As comunidades enerxéticas: retos e oportunidades para o sistema enerxético

As comunidades enerxéticas: retos e oportunidades para o sistema enerxético

AutoríaRebeca Merchán Fernández
Data de defensa14/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Miguel Enrique Rodríguez Méndez
Tribunal Secretaría: María Elena Albo López
Vogalía: Eloy Díaz Dorado
Presidencia: Camilo José Carrillo González
Vogalía: Joaquín Baltasar Collazo Rodríguez
ResumoAs comunidades enerxéticas son entidades integradas por membros que teñen un obxectivo común, que é xerar e consumir enerxía propia, utilizando enerxía procedente de fontes renovables e reducindo o consumo de enerxía convencional.
As comunidades de enerxías renovables marcarán a tendencia de futuro polos seus múltiples beneficios ambientais, económicos e sociais.
No presente traballo pretendemos realizar un estudo que permita comprender o funcionamento destas comunidades enerxéticas, repasando as comunidades enerxéticas existentes para situarnos en contexto, e identificando as súas características e particularidades, así como a sua perspectiva de futuro.
Así mesmo, tamén se buscará realizar un estudo do impacto xerado por estas comunidades enerxéticas co obxectivo de colaborar coa descarbonización global ata 2050, e unha proxección de como poden influír significativamente neste proceso.
Volver