Dimensionamento dun sistema híbrido para a subministración dunha estación de recarga de vehículos eléctricos no porto de Vigo
Autoría | Diego Jesús Fernández Méndez |
Data de defensa | 14/09/2023 |
Titulación | Máster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Camilo José Carrillo González Cotitoría: Ana Belén Albo López |
Tribunal |
Presidencia: Camilo José Carrillo González Vogalía: Eloy Díaz Dorado Vogalía: Joaquín Baltasar Collazo Rodríguez Secretaría: María Elena Albo López |
Resumo | Este proxecto, denominado ?Dimensionamento dun sistema híbrido para a subministración dunha estación de recarga de vehículos eléctricos no porto de Vigo?, xorde da necesidade que existe na actualidade de apostar polas enerxías renovables para a diversificación das matrices enerxéticas e a descarbonización no sector do transporte. O principal obxectivo que se pretende acadar con este proxecto é a creación dun novo punto de subministración eléctrica para a carga de vehículos eléctricos para a zona do Porto de Vigo - Bouzas, onde se concentra un gran número de vehículos. O proxecto inclúe a avaliación dos recursos eólicos e solares, o dimensionamento das súas instalacións, a obtención da curva de xeración, o estudo do número óptimo de cargadores de vehículos eléctricos e a avaliación da viabilidade económica do proxecto. |