Secretaría Uvigo - Implementación dos sistemas necesarios para a toma automática de mostras de auga mariña con DGTs mediante o deseño dun prototipo de boia.

Implementación dos sistemas necesarios para a toma automática de mostras de auga mariña con DGTs mediante o deseño dun prototipo de boia.

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Mecatrónica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Pablo Izquierdo Belmonte
Cotitoría: Ángel Manuel Fernández Vilán
Tribunal Secretaría: Enrique Paz Domonte
Vogalía: Ángel Manuel Fernández Vilán
Presidencia: Juan Sáez López
Vogalía: Enrique Casarejos Ruiz
ResumoEste traballo é parte dun proxecto maior que ten como obxectivo o desenvolvemento dunha tecnoloxía e metodoloxía de monitorización con alto grao de automatización para a recollida masiva e sistemática de datos esenciais para a xestión do ecosistema en todas as súas dimensións e usos. Concretamente, desenvolverase un sistema automático para a colocación e almacenamento de mostradores pasivos DGTs para a detección de metais disoltos no auga do mar para o Instituto Español de Oceanografía (IEO).

O proxecto completo dividiuse en tres partes:
-Deseño do aloxamento dos DGTs.
-Deseño do control e monitorización do sistema.
-Deseño da boia e integración dos compoñentes do sistema.

Este TFM céntrase no deseño dunha boia mariña autónoma capaz de albergar os compoñentes electrónicos referentes ás partes de control e monitorización, establecer as conexións necesarias cos aloxamentos dos DGTs e instalar unha batería e un panel solar que funcionen como fonte de alimentación do sistema.
Volver