Secretaría Uvigo - Actuacións tecnolóxicas en Impresora 3D de cámara pechada de alta temperatura

Actuacións tecnolóxicas en Impresora 3D de cámara pechada de alta temperatura

AutoríaIago Doval Iglesias
Data de defensa14/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Mecatrónica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Julio Garrido Campos
Cotitoría: Enrique Riveiro Fernández
Tribunal Vogalía: Marcos López Lago
Vogalía: José Fariña Rodríguez
Secretaría: Enrique Paz Domonte
Presidencia: José Ignacio Armesto Quiroga
ResumoPara a impresión de certos tipos de plásticos, á parte de necesitar unha cama quente e unha alta temperatura de extrusión, necesita unha alta temperatura ambiente. Isto non se pode conseguir cunha impresora 3D convencional. Debido a que se necesita unha cámara pechada que poida alcanzar esta temperatura. De partida, no grupo de investigación disponse dunha impresora creada con estes obxectivos. Con todo, dita impresora, a pesar de estar xa fabricada e programada, non conseguiu funcionar por diversos problemas, polo que solucionar iso, será o principal obxectivo do presente TFM.

Á súa vez, non só buscarase extruir algo de material, senón que buscarase conseguir a impresión de obxectos e ir mellorando a calidade destes.

Doutra banda, realizarase unha análise térmica por medio de Ansys. Onde se poderá comprobar se a selección dos termopares da cámara quente foi correcta ou se, pola contra, hai que colocalos noutra posición. Con iste estudo, tamén pescudaremos se o ventilador que presenta a cámara quente é útil para a distribución de calor ou non.

A maiores, tentarase implementar outros retoques como a creación dun código de Python que procese os archivos CNC.
Volver