Identificación de Especies de Interese Forestal Mediante a Análise de Datos LiDAR Aéreo
Autoría | Francisco Javier González Coma |
Data de defensa | 14/09/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Forestal |
Centro | Escola de Enxeñaría Forestal |
Dirección |
Titoría: Julia Armesto González |
Tribunal |
Secretaría: Luis Ortiz Torres Vogalía: Purificación Marcet Miramontes Presidencia: José Manuel Casas Mirás |
Resumo | Resumo: A superficie galega atópase na súa maior parte ocupada polas especies produtivas Eucalyptus globulus, Eucalyptus nitens, Pinus pinaster e Pinus radiata. Con todo, debido á actual e crecente problemática respecto aos incendios forestais a lexislación autonómica, recolle a necesidade de coñecer a abundancia e distribución destas especies. Nas últimas décadas, as novas tecnoloxías de teledetección comezáronse a empregar para obter información sobre as masas forestais. Entre elas, a tecnoloxía LiDAR Aéreo resulta de grande interese debido a que permite representar a estrutura tridimensional das masas forestais.Polo tanto, o obxectivo deste traballo é xerar mapas de coberturas de especies recollidas na lexislación en materia de incendios a partir de nubes de puntos LiDAR Aéreo. Deste xeito, preténdese identificar aquelas áreas cubertas de masas continuas de individuos das especies Eucalyptus globulus, Eucalyptus nitens, Pinus pinaster e Pinus radiata a nivel de concello que poidan supoñer un perigo no caso dun incendio forestal. Palabras clave: mapa de distribución de especies; Random Forest; usos Sentinel; LiDAR |