Secretaría Uvigo - Os dereitos fundamentais dos refuxiados en España

Os dereitos fundamentais dos refuxiados en España

AutoríaRosario Cores López
Data de defensa13/09/2023
TitulaciónPCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Sara Louredo Casado
Tribunal Secretaría: Xulio Teixeira Rodríguez
Presidencia: Juan Antonio Hernández Corchete
Vogalía: Francisco Javier D´Amorin Camba
ResumoEn 2022, España foi o terceiro país de Europa onde máis solicitudes de protección internacional realizáronse: 118.842. Paradoxalmente, durante ese mesmo ano tamén se converteu no terceiro Estado europeo que menos peticións recoñeceu: tan só un 16,5%.
Partindo desta intrigante dualidade, da sen precedentes crise de refuxiados que estamos a atravesar e do feito de que o asilo é un dereito humano básico consagrado no artigo 13.4 da nosa Constitución, no presente traballo investígase, en primeiro lugar, cal é o marco xurídico que apoia os dereitos dos refuxiados tanto no plano internacional como no europeo, para, a continuación, analizar: 1) cal é a realidade en que se atopa España en materia de asilo e refuxio; 2) que deficiencias presenta o noso sistema de protección internacional, e 3) cales son as distintas problemáticas que impiden a correcta inclusión destes suxeitos na sociedade española. Todo iso sobre a base dun aspecto crucial: a inexistencia do regulamento da Lei 12/2009, reguladora do dereito de asilo e da protección subsidiaria.

PALABRAS CLAVE: refuxiados, dereitos fundamentais, asilo, acollida, protección subsidiaria, inclusión, fronteira, migracións, España, Unión Europea.
Volver