Custodia compartida: xurisprudencia e análise do domicilio
Data de defensa | 13/09/2023 |
Titulación | PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Teresa Dolores Estévez Abeleira |
Tribunal |
Secretaría: Xulio Teixeira Rodríguez Presidencia: Juan Antonio Hernández Corchete Vogalía: Francisco Javier D´Amorin Camba |
Resumo | En ocasións, cando se produce unha crise matrimonial ou de parella, con fillos menores a cargo, xorde un problema de atribución da súa custodia. É por iso que neste traballo realizarase unha análise exhaustiva da figura da custodia compartida no Dereito civil común. Estudarase a custodia compartida, a partir do momento en que se produza a crise matrimonial, analizando os seus escenarios e efectos posteriores, ata o momento en que a vivenda familiar deba atribuírse a un ou outro proxenitor ou a ambos se é o caso. O noso ordenamento xurídico permite ás partes en conflito acordar libremente o réxime de garda que se estableza sempre que se manteña o interese superior do menor. A atribución da vivenda familiar vincúlase polo artigo 96 CC. ao proxenitor ao que se lle atribúe a garda, pero nos casos de garda compartida nos que non existe acordo existen varias modalidades de atribución que os xuíces elixen en función de diversos criterios que se tratarán neste traballo. |