Secretaría Uvigo - Limoneno, un producto excedente da industria alimentaria con bioactividade na regulación do metabolismo

Limoneno, un producto excedente da industria alimentaria con bioactividade na regulación do metabolismo

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Nutrición
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Federico Mallo Ferrer
Tribunal Presidencia: Lucas Carmelo González Matías
Secretaría: Yolanda María Diz Chaves
Vogalía: Carlos Spuch Calvar
ResumoO limoneno (LM) é un monoterpeno que está presente na cáscara de moitos cítricos como o pomelo, o limón, a lima ou a laranxa. Poténciase o seu uso grazas á súa baixa toxicidade ademáis dos seus múltiples efectos; antidiabético, antioxidante, antiobesidade, antiinflamatorio, anticanceríxeno, etc. Nesta revisión sistemática imos estudar a súa eficacia como antidiabético e como axuda a reducir a obesidade. En canto á súa función como antidiabético, o LM actúa inhibindo a glicación das proteínas, reducindo os niveis de glicosa e aumentando os niveis de insulina. Reduce o estrés oxidativo eliminando os radicais libres. No que respecta á súa función como reductor da obesidade, factor que favorece a diabetes, o LM induce o pardeamento dos adipocitos pardos e reduce a acumulación de lípidos nos pre-adipocitos 3T3-L1, estimula a β-oxidación dos ácidos graxos e contribúe á redución de peso.
Volver