Farmacoxenética das estatinas
Data de defensa | 15/09/2023 |
Titulación | Máster Universitario en Nutrición |
Centro | Facultade de Ciencias |
Dirección |
Titoría: Lucas Carmelo González Matías Cotitoría: Olalla Maroñas Amigo |
Tribunal |
Presidencia: Federico Mallo Ferrer Secretaría: Alejandro Leonides De Carlos Villamarín Vogalía: Manuel Portela Collazo |
Resumo | A hipercolesterolemia é o aumento dos niveis de colesterol total en sangue por encima de 200 mg/dl; por encima de 250 mg/dl considérase patolóxico e un factor de risco para o desenvolvemento de enfermidades cardiovasculares. O tratamento da hipercolesterolemia consta de dúas partes que se deben complementar: medidas dietéticas e tratamento farmacolóxico. O tratamento farmacolóxico de elección son as estatinas, cuxo efecto secundario máis frecuente son os síntomas musculares (SAMS, Síntomas Musculares Asociados a Estatinas). Aínda que os SAMS poden ter unha etioloxía variada e ser a suma de distintos factores, non se poden perder de vista aqueles relacionados coa xenética, xa que na literatura hai descritos numerosos xenes e variantes nos mesmos relacionadas co desenvolvemento de SAMS. Así, o obxectivo deste traballo foi levar a cabo unha revisión sistemática da farmacoxenética das estatinas, como tratamento farmacolóxico de elección para a hipercolesterolemia, coa finalidade de descubrir xenes e variantes dos mesmos implicadas no desenvolvemento de SAMS. Palabras clave: estatinas, farmacoxenética, polimorfismo xenético, variante xenética, farmacoxenómica. |