Baby-led weaning e risco no desenvolvemento de obesidade infantil
Data de defensa | 15/09/2023 |
Titulación | Máster Universitario en Nutrición |
Centro | Facultade de Ciencias |
Dirección |
Titoría: José Antonio Lamas Castro Cotitoría: Carlos Spuch Calvar |
Tribunal |
Presidencia: Federico Mallo Ferrer Secretaría: Alejandro Leonides De Carlos Villamarín Vogalía: Manuel Portela Collazo |
Resumo | Resumo Esta revisión ten como obxectivo explorar os posibles riscos do Baby-led weaning (BLW, polas súas siglas en inglés ou destete dirixido polo bebé) en relación coa obesidade infantil a través dunha metaanálise. O BLW é unha técnica de alimentación complementaria que fomenta a independencia e habilidades motoras do bebé ao permitirlle alimentarse por si mesmo con alimentos sólidos desde o inicio da alimentación complementaria, en lugar de ofrecerlle purés e papas. Para levar a cabo esta investigación, realizouse unha revisión da literatura científica dispoñible nas bases de datos PubMed e ScienceDirect. Utilízanse filtros para seleccionar artigos publicados nos últimos 10 anos, en inglés ou español, que abordasen o BLW e a obesidade infantil. Os resultados da metaanálise indican que o BLW pode ter beneficios na prevención da obesidade infantil, xa que os bebés que practican esta técnica teñen unha maior capacidade para autorregular a súa inxesta de alimentos e desenvolver unha maior preferencia por alimentos saudables. Porén, tamén se atoparon posibles riscos asociados co BLW, como o risco de atragantamento e a inxesta insuficiente de nutrientes esenciais. En conclusión, o BLW pode ser unha técnica efectiva e segura de alimentación complementaria se se implementa de maneira adecuada e tómanse as precaucións necesarias para previr posibles riscos e asegurar unha inxesta adecuada de nutrientes. É importante que os pais e coidadores estean informados e formados neste método de alimentación complementaria e consulten cun profesional da saúde antes de implementar a dita técnica. Ademais, necesítanse máis investigacións para comprender mellor os efectos do BLW na prevención da obesidade infantil e outros problemas de saúde a longo prazo. |