O dereito do menor a ser escoitado nun procedemento de mediación familiar
Data de defensa | 13/09/2023 |
Titulación | Grao en Dereito |
Centro | Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo |
Dirección |
Titoría: Blanca Otero Otero |
Tribunal |
Titoría: Blanca Otero Otero |
Resumo | O presente Traballo Fin de Grao, enfócase no dereito que ten os nenos de ser oídos e escoitados pero non desde unha perspectiva xeneralizada, senón concretamente no contexto do ámbito da mediación familiar. Isto é fundamental, xa que cando os nenos se ven implicados nun conflito é preciso poñer en marcha un mecanismo axeitado para o seu correcto desenvolvemento e benestar. Para iso analizaremos primeiro todo o relacionado coa mediación en xeral en España, para posteriormente centrarnos no proceso de mediación familiar e rematar co estudo do dereito do menor a ser oído dentro do propio procedemento. O obxectivo que se persegue con este traballo é analizar a mediación como alternativa á resolución de conflitos no ámbito familiar, así como as vantaxes e inconvenientes de implicar aos menores no procedemento de mediación. PALABRAS CLAVE: Mediación familiar, mediador, procedemento, conflito, menores. |