Resumo | Este Traballo Fin de Grao (TFG) explora o benestar laboral e persoal desde unha perspectiva crítica, explorando os retos inherentes á medición e avaliación do benestar no ámbito laboral, destacando certas limitacións presentes nos enfoques convencionais. Ademais, aborda temas delicados e actuais como temas de xénero e diversidade e a tendencia crecente da ?happycracia?, que cuestiona a obsesión contemporánea pola felicidade e como somos responsables da súa ausencia. A través dunha revisión de empresas con tácticas innovadoras na promoción do benestar extráense exemplos de modelos de éxito e os seus impactos. Tamén incorpora a voz dos traballadores, a través de entrevistas con profesionais de diferentes ámbitos, un autónomo, un funcionario e un operario, achegando un panorama amplo e diverso das realidades laborais en relación ao benestar. Este traballo busca proporcionar unha comprensión máis profunda e crítica do que realmente significa o benestar no lugar de traballo e como se manifesta en diferentes contextos e para diferentes persoas. |