Secretaría Uvigo - Cultura e protocolo empresarial nos países árabes: análise de casos

Cultura e protocolo empresarial nos países árabes: análise de casos

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: Marta García De la Puerta
Tribunal Titoría: Marta García De la Puerta
ResumoEste traballo de fin de grao analiza as diferenzas culturais entre España e os países árabes, especialmente con Arabia Saudita e Marrocos, á hora de establecer relacións comerciais, co obxectivo de establecer unha guía para lograr unha boa comunicación entre ambas partes e evitar cometer erros no protocolo de negociación.
Estudarase o contexto histórico, político, económico e social dos países e como estes aspectos inflúen nun comercio internacional cada vez máis globalizado. Ademais, a evolución do comercio e as relacións diplomáticas entre España e os países anteriormente mencionados serán profundamente analizadas.
Aspectos como a forma de levar as negociacións, a comunicación verbal e non verbal serán obxecto de estudo, así como os valores e principios que distinguen ás culturas.
O papel da muller nas relacións comerciais con países árabes tamén será digno de estudo, indagando en aspectos das negociacións onde a muller sofre un trato desigual en comparación ao home.
Finalmente, analizaremos os casos de éxito e fracaso de empresas que tiveron ou non en conta os factores culturais destes países.


Palabras clave: cultura, árabe, relixión, comunicación.
Volver