Secretaría Uvigo - Transformación dixital no ámbito empresarial. Expectativas e retos das novas TIC.

Transformación dixital no ámbito empresarial. Expectativas e retos das novas TIC.

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: María de los Angeles Sandoval Pérez
Tribunal Titoría: María de los Angeles Sandoval Pérez
ResumoResumo:

Este traballo de fin de grao explora o impacto das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) na sociedade actual, cun enfoque na súa influencia na contorna empresarial e laboral. Estruturado en sete secciones, abarca desde a explicación das TIC, a súa evolución e tipos ata as expectativas da transformación dixital e a perspectiva de xénero no talento dixital.

Mediante unha exhaustiva revisión da literatura dispoñible, investigouse unha selección de tecnoloxías destacadas no ámbito da información e a comunicación. Ademais, examináronse tanto as súas vantaxes como desvantaxes no contexto empresarial, ao mesmo tempo que se identificaron e analizado as funciónes dos sistemas de información no mercado actual e, a través da análise dun caso de éxito, demostrouse como estas ferramentas foron implementadas de maneira efectiva en situacións do mundo real.

Tamén se centrou en identificar e analizar as expectativas relacionadas coa transformación dixital, abordando as habilidades e competencias máis demandadas na actualidade.

Por último, nunha contorna dixital en constante evolución, explorouse o talento dixital desde unha perspectiva de xénero, recoñecendo a importancia de promover a igualdade de oportunidades e roles neste contexto.

Palabras Clave:

Transformación dixital: Aplicación de tecnoloxías dixitais en todos os aspectos e operacións dunha organización, para mellorar a súa eficiencia, competitividade e adaptación aos cambios do mercado.

Tecnoloxías da información e a comunicación (TIC): Conxunto de recursos, ferramentas, equipos, programas informáticos, aplicacións, redes e sistemas que se utilizan para procesar, almacenar, transmitir e compartir información a través de medios electrónicos e tecnolóxicos.

Innovación empresarial: Proceso mediante o cal unha empresa introduce novos produtos, servizos, procesos ou modelos de negocio co fin de mellorar e manter a súa competitividade no mercado.

Cultura dixital: Conxunto de prácticas, costumes e formas de interacción social que xorden do uso de tecnoloxías dixitais, tanto na comunicación como na creación, distribución e consumo de contidos dixitais.

Volver