Resumo | Neste traballo preténdese fomentar, mediante novos modos de xestión e protección do patrimonio, a posta en valor do Colexio dos Xesuítas de Camposancos (A Guarda, Galicia), campo de concentración en Galicia durante o período franquista. Destacando a súa gran importancia no marco da memoria histórica e colectiva, o tema foi investigado mediante o uso de diversas fontes e a realización dun cuestionario e entrevistas para coñecer as ideas, opinións e valoracións do ámbito local. Os resultados proporcionan información sobre o recoñecemento, o concepto e as posibles accións a desenvolver pola comunidade para a posta en valor e a custodia deste ben patrimonial. Proponse a figura de custodia como ferramenta para a protección e xestión do inmoble. |