Secretaría Uvigo - 'Iso pasa por preguntar'. Disonancia e conflito entre o discurso patrimonial autorizado e a poboación civil en torno ao hórreo asturiano

'Iso pasa por preguntar'. Disonancia e conflito entre o discurso patrimonial autorizado e a poboación civil en torno ao hórreo asturiano

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
CentroFacultade de Historia
Dirección Titoría: Elena Pilar De Uña Álvarez
Cotitoría: Pablo Alonso González
Tribunal Titoría: Elena Pilar De Uña Álvarez
ResumoEste TFM examina a diferenza de valores e prácticas entre o discurso autorizado das institucións patrimoniais e o da sociedade civil sobre o hórreo asturiano e como esta disonancia está a crear un clima social que pode chegar a comprometer a súa conservación sostible. Prestouse especial atención ás orixes e desenvolvemento da patrimonialización dos hórreos, identificando aos seus principais axentes, os intereses e motivacións implícitos, así como as interaccións sociais suscitadas nese proceso. O recoñecemento dos puntos de conflito e coincidencia entre ambos os discursos permitiu propoñer alternativas para unha abordaxe dos hórreos máis participativo e inclusivo, que teña en conta á sociedade civil e sexa capaz de xerar un discurso patrimonial consensuado.
Volver