Estudo comparativo de solucións de propulsión sostibles na aviación civil española e a súa loxística asociada.
Autoría | Enrique García García |
Data de defensa | 13/09/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Carlos Ulloa Sande Cotitoría: oscar castro alvarez |
Tribunal |
Presidencia: Higinio González Jorge Secretaría: Elena Beatriz Martín Ortega Vogalía: José Ramón Salgueiro Piñeiro |
Resumo | A aviación comercial é un dos sectores do transporte de pasaxeiros nos que a reconversión e a adaptación ante a nova realidade que supón a loita contra o cambio climático e a redución das emisións derivadas do seu desenvolvemento son máis complicadas. Porén, como axente máis no mercado global, é imperativo que a súa contribución a tal fin non sexa menor. E é que as consecuencias do cambio climático na aviación comercial non son menores. A realidade que se prognostica xa nun medio prazo é a dun mundo no que os avións poidan perder eficiencia á hora de emprender o seu voo. Tormentas más intensas, cambios nas temperaturas rexionais con temperaturas extremas en puntos de referencia para a aviación, cambios no vento con un aumento das turbulencias... É imperativo actuar pola propia supervivencia da aviación. Para logralo, é preciso realizar estudos, coma este, sobre a viabilidade de novas tecnoloxías de propulsión, a parte crítica e máis contaminante das operacións da aviación comercial. Hoxe en día comezan a perfilarse tres tipoloxías de alternativas de propulsión que se poden resolver como as indicadas para substituír aos métodos convencionais. Estas son a electricidade, o hidróxeno e os combustibles de aviación sostible (SAF). Este TFG realiza un estudo analizando o grao de madurez de cada unha das tecnoloxías, así como as súas posibilidade no curto, medio e longo prazo, destacando a inclusión non só da súa viabilidade económica ou tecnolóxica, senón ademais o camiño previsible de inversións en cada unha das tecnoloxías, trazando así o que será a senda dunha nova revolución no sector. As institución públicas xa desenvolveron un plan de actuación a través dos obxectivos tales como o logro da neutralidade climática en 2050 e os retos parciais de uso de SAF para a súa consecución. Por outro lado, e co fin de prever un estudo localizado no caso español, analizarase tamén cal é a situación da aviación civil española nesta materia. O análise realizado expón a situación precaria que o noso país aínda presenta, aínda que, igualmente, trata de listar e desenvolver todas aquelas iniciativas que prometen seren as adalides da loita contra o cambio climático facendo valer a situación de vantaxe de España en materia de aproveitamento das enerxías renovables. Este estudo, focalizado na loxística, servirá de base para o desenvolvemento dun plan piloto na nosa comunidade, Galicia, rexión que, a data de finalización deste TFG conta cun 0% de uso de combustibles de aviación sostible e ningunha tecnoloxía que permita asegurar a redución de emisións obrigada. Así, trazarase todo o camiño que, hoxe en día, segue o combustible de aviación dende a súa produción ata o seu consumo a bordo; un camiño que, se ben é complicado dado o escurantismo habitual nas relacións empresariais de máis alto nivel, permitirá continuar coa adaptación loxística para esta nova realidade que se nos vén enriba. O desenvolvemento deste plan piloto permitirá ademais explorar os beneficios dos que Galicia dispón, como rexión de referencia no aproveitamento de biomasa, aínda que cun potencial destacadamente maior que permitiría a consecución da produción do 50% do combustible usado na actualidade de forma sostible, o máximo imposto normativamente. Unha segunda parte proposta contando coas inversións en xeración de hidróxeno en Galicia, permitirá continuar transformando a nosa rexión nun hub da produción de combustibles sostibles á vez que se asegura a xeración dun valor engadido no territorio. |