Plan estratéxico para unha startup dedicada aos pequenos satélites
Autoría | Alba Loureiro Muíño |
Data de defensa | 12/09/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Guillermo David Rey González Cotitoría: Isolina Sandra Pérez Donnelly |
Tribunal |
Vogalía: Raquel Olalla Nieto Muñiz Secretaría: Fermín Navarro Medina Presidencia: Alejandro Manuel Gómez San Juan |
Resumo | Este traballo de fin de grao, en colaboración con Alén Space, abarca o entorno das startups de pequenos satélites. Ante a expansión exponencial deste sector, búscase destacar nun mercado competitivo. O proxecto fai uso de ferramentas analíticas coma a análise PESTEL e as 5 Forzas de Porter para enriquecer a planificación estratéxica. A matriz DAFO identifica debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades, utilizando o método CAME para idear accións e estratexias. Estúdase a segmentación do mercado, aplícanse as estratexias de Porter e o Mix de Márketing (4P) e analízanse as estratexias de Ansoff. O obxectivo central é crear un plan estratéxico que analice os factores que afectan á empresa. Explórase o impacto do New Space na economía global, tendencias e desafíos futuros do sector, xunto a tecnoloxías emerxentes das empresas punteiras. Suxírese a inclusión dun configurador de plataformas CubeSat para a diferenciación. Outros obxectivos secundarios inclúen analizar a evolución dos pequenos satélites, comprender o New Space e coñecer tecnoloxías e produtos de Alén Space. A meta final é posicionar a compañía colaboradora no mercado global, ofrecendo ideas sólidas e aplicables para impulsar o seu rol no sector espacial. |