Estudo de aplicación de drons para portar cámaras de visión artificial en industria siderúrxica.
Data de defensa | 14/09/2023 |
Titulación | Máster Universitario en Enxeñaría Industrial |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Enrique Paz Domonte |
Tribunal |
Vogalía: Alberto Comesaña Campos Presidencia: Celso Fernández Silva Vogalía: Vicente Pastoriza Santos Secretaría: Óscar López Sánchez Vogalía: Alejandro Fernández Villaverde |
Resumo | A tendencia cara á mellora da produtividade e a seguridade, en plantas industriais destinadas á laminación en quente, atópase nunha etapa de continua evolución. A inclusión de vallado nos trens de laminación, para a protección dos operarios, xunto coa necesidade de realizar un control visual en múltiples zonas das fábricas, fan que os drons se presenten como unha ferramenta con capacidades significativas para abordar estes desafíos. Este proxecto tratará de estudar estas plantas industriais como contornas de voo, en conxunto coas capacidades dos UAV, establecendo así as aplicacións en potencia. A partir da selección dunha ou varias aplicacións, definiranse os requisitos necesarios para que o dron poida realizar as tarefas encomendadas, levarase a cabo un estudo de mercado para seleccionar os equipos máis adecuados e realizaranse probas de avaliación para determinar o dron a ser incorporado. Ademais, o proxecto inclúe a definición dunha arquitectura para a integración do UAV como un servizo que poida ser implementado nunha planta de laminación en quente. En definitiva, obterase un equipo flexible e adaptable que poderá ser utilizado en múltiples aplicacións futuras e servirá como punto de partida para a definición de novas solucións. |