Secretaría Uvigo - Avaliación experimental de solucións tecnolóxicas específicas para a mellora do ciclo de funcionamento dunha bomba de calor comercializable

Avaliación experimental de solucións tecnolóxicas específicas para a mellora do ciclo de funcionamento dunha bomba de calor comercializable

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Fernando Cerdeira Pérez
Cotitoría: Francisco José Uhia Vizoso
Tribunal Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: Eduardo Suárez Porto
Vogalía: Rafael Comesaña Piñeiro
Secretaría: Raquel Pérez Orozco
Vogalía: José Ángel López Campos
ResumoA sociedade actual atópase somerxida nun proceso de evolución necesario para frear os efectos negativos que ten sobre o planeta o cambio climático. Un dos temas centrais deste proceso de cambio é a descarbonización total nas operacións de calefacción, refrixeración e produción de auga quente sanitaria mediante as bombas de calor.
Estes equipos preséntanse como unha solución que incorpora unha tecnoloxía madura e eficiente, que emprega enerxía procedente de fontes renovables e que contribúe ó cumprimento das normativas enerxéticas máis estritas a día de hoxe; é a solución máis eficiente e menos contaminante dispoñible no mercado. É por iso que actualmente se segue estudando o ciclo de funcionamento das bombas de calor para tentar mellorar as prestacións, tanto en rendemento como en aproveitamento do mapa de operación.
Neste proxecto búscase analizar e comparar as condicións de funcionamento, estabilidade e rendemento dunha bomba de calor estándar fronte a unha bomba de calor modificada, engadíndolle compoñentes ao seu ciclo frigorífico.
A modificación da bomba de calor busca mellorar a estabilidade das condicións do refrixerante á saída da válvula de expansión. En determinadas condicións de funcionamento da bomba de calor pódese producir o denominado ?golpe de líquido? no compresor, o que pode producir unha avaría grave no equipo ou incluso a fin da súa vida útil. Para evitar este fenómeno, implementarase na bomba un separador de aspiración como elemento extra á entrada do compresor. Ademais disto, avaliarase a existencia de diferenzas substanciais entre medir o grao de requecemento antes ou despois do separador. Deste xeito, preténdese asegurar unha entrada do refrixerante ao compresor en estado completamente gasoso, ademais dunha maior estabilidade na medida do grao de requecemento.
Volver