Secretaría Uvigo - Desenvolvemento do sistema de control da área de atado e acumulación de paquetes de barras de aceiro nunha pranta siderúrxica

Desenvolvemento do sistema de control da área de atado e acumulación de paquetes de barras de aceiro nunha pranta siderúrxica

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Juan Sáez López
Tribunal Vogalía: Alberto Comesaña Campos
Presidencia: Celso Fernández Silva
Vogalía: Vicente Pastoriza Santos
Secretaría: Óscar López Sánchez
Vogalía: Alejandro Fernández Villaverde
ResumoAs diferentes capas (ou mantos) de material, despois de saír do laminador, vanse apilando formando un paquete. Este paquete é transportado a través de camiños de rolos ata as estacións de atado, nas cales se realizan as distintas lazadas, que varían segundo o tipo e lonxitude do paquete. Unha vez atados, transpórtanse ás cadeas de recollida dos mesmos, onde se pesan e posteriormente son trasladados a novas cadeas, neste caso de almacenamento, onde se poden retirar.
Mediante o deseño do sistema eléctrico (tanto esquemas como cálculos das distintas liñas de cableado e dispositivos eléctricos) e a realización dun programa de control, que despois debe ser simulado e depurado, preténdese minimizar a intervención dos operarios neste área, a cal conta cunha alta presenza de maquinaria pesada, co fin de mellorar as condicións de seguridade da devandita zona a tratar.
Volver