Secretaría Uvigo - Life time tracking-Implementación de un sistema de trazabilidade de pezas

Life time tracking-Implementación de un sistema de trazabilidade de pezas

AutoríaAdrián Blanco Alfonso
Data de defensa15/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Alejandro Pereira Domínguez
Tribunal Vogalía: Gustavo Carlos Peláez Lourido
Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján
Vogalía: Pedro González Santamaría
Secretaría: María Iciar Goicoechea Castaño
Vogalía: Mónica Fernández Arias
ResumoNo departamento de R&T na empresa BorgWarner existe unha gran variedade de labores e produtos o que conleva a unha cantidade masiva de datos. A día de hoxe existe unha falta de estandarización importante á hora de traballar, onde cada persoa está vinculada a distintos proxectos, e cada un deles almacena a información da forma que mellor ve conveniente. Esta situación provoca entre outros problemas que se un traballador deixa o seu posto, recuperar información ou saber como está gardada pode converterse nunha tarefa moi tediosa. Ademais o estudo do ciclo de vida dunha peza ou a comparativa entre distintos proxectos faise practicamente imposible.
Ao tratarse dun departamento de fiabilidade e ensaios buscarase o modo de que os distintos ensaios sigan sempre un proceso de lanzamento e recollida de datos común, o que permitirá poder ver, analizar e comparar facilmente a información dos ensaios ou o ciclo de vida dunha peza.
Ademais crearase unha aplicación que englobe as distintas actividades do departamento e que permita ademais de introducir ensaios, xestionar actividades, altas e baixas de compoñentes, movementos de pezas ou crear históricos.
Volver