Secretaría Uvigo - Análise e redeseño do modelo de custos dunha empresa do sector textil

Análise e redeseño do modelo de custos dunha empresa do sector textil

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jesús García Arca
Tribunal Vogalía: Gustavo Carlos Peláez Lourido
Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján
Vogalía: Pedro González Santamaría
Secretaría: María Iciar Goicoechea Castaño
Vogalía: Mónica Fernández Arias
ResumoO contexto actual de aumento de custos de materias primas e custos loxísticos, unido aos distintos conflitos bélicos entre Rusia e Ucraína, a crise arrastrada desde a pandemia COVID-19 e a tendencia da inflación crecente está provocando que a industria téxtil teña que convivir nunha situación de incerteza. As empresas tiveron que cambiar a súa maneira de operar estes últimos anos, sendo esencial para estas coñecer en detalle todos os custos nos que incorre. Neste proxecto, descríbese e analizase o modelo de custos empregado para calcular o custo do produto dunha empresa do sector téxtil situada en Ourense, Galicia. Para iso, é necesario coñecer todos os elementos que conforman o custo (materiais, operacións e servizos) para cada tipo de produto, os procesos onde se orixinan e como se integran os elementos e procesos para construír o custo final.
Unha vez coñecidos todos os elementos e procesos relacionados co custo, procédese á identificación de todos os puntos de mellora, deseñando unha metodoloxía para o cálculo de custo real en seccións de fábrica e posterior implantación dun método de elaboración de custos que se axuste ás necesidades actuais da empresa para poder producir artigos co mínimo custo e mantendo especificacións en canto a deseño e calidade esixidas pola empresa.
Volver