Avaliación do proceso produtivo dun xerador eléctrico con bobinado de aluminio para aplicacións de enerxía eólica.
Data de defensa | 15/09/2023 |
Titulación | Máster Universitario en Enxeñaría Industrial |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Eduardo Suárez Porto |
Tribunal |
Vogalía: Gustavo Carlos Peláez Lourido Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján Vogalía: Pedro González Santamaría Secretaría: María Iciar Goicoechea Castaño Vogalía: Mónica Fernández Arias |
Resumo | Norvento Enerxía é unha empresa do sector enerxético que actúa en todo o proceso de xeración, transformación e almacenamento da enerxía, desenvolvendo produtos propios como o aeroxerador nED100. O incremento nos custos das materias primas e no transporte de mercadorías, o obxectivo de reducir o peso da nacelle e a similitude das súas características, fan que o aluminio sexa unha alternativa moi interesante respecto ao cobre para a fabricación do bobinado do estátor. Neste proxecto, vanse avaliar as distintas fases do proceso de fabricación dun xerador con bobinado en aluminio, analizando posibles puntos de mellora. Á súa vez, estudarase a viabilidade de internalizar aqueles procesos para os que se require dunha compañía externa. Vaise realizar un seguimento in situ da fabricación do estátor dun primeiro prototipo, realizando a documentación correspondente do proceso, calidade e ensaios. Palabras chave: bobinado en aluminio, estátor, xerador eléctrico, enerxía eólica |