Secretaría Uvigo - Estudo da redución da toxicidade dos axentes crioprotectores sen comprometer a crioprotección.

Estudo da redución da toxicidade dos axentes crioprotectores sen comprometer a crioprotección.

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Estefanía Paredes Rosendo
Tribunal Presidencia: Ana María Bernabéu Tello
Secretaría: Bernardino González Castro
Vogalía: Iria García Moreiras
ResumoOs axentes crioprotectores (CPAs) son compostos químicos imprescindibles para a criopreservación ou vitrificación exitosa. Neste traballo observouse o efecto das combinación de CPAs (permeantes e non permeantes) en ovos de ourizo de mar, Paracentrotus lividus, co fin de atopar un cóctel válido para no futuro desenvolver un protocolo de criopreservación. Realizáronse probas de toxicidade que consistían nunha exposición controlada de CPAs durante un tempo determinado e a unha temperatura constante (Paredes e Bellas 2009; Heres 2021) nun rango de concentración de 0,5 M a 3M, utilizando dous protocolos diferentes. Un consistía en engadir o CPA nun solo paso a volumen fixo e o outro en engadilo en 15 pasos equimolares. O DMSO utilizouse como base de todas as disolucións e foi combinado con propilenglicol, etilenglicol, metanol, sucrosa e fructosa. O cóctel de metanol e DMSO foi o que obtivo maior porcentaxe de normalidade abrindo unha posible liña de traballo, aínda que non se observou unha disminución da toxicidade ao combinar o DMSO con outros crioprotectores. Por outro lado, co protocolo de 15 pasos equimolares obtivéronse mellores resultados.
Palabras chave: crioprotector, criopreservación, toxicidade, ourizo de mar, larva
Volver