Secretaría Uvigo - Avaliación das condicións adecuadas para a futura criopreservación de ovos e embrións de peixe, utilizando como modelo Cyprinodon variegatus

Avaliación das condicións adecuadas para a futura criopreservación de ovos e embrións de peixe, utilizando como modelo Cyprinodon variegatus

AutoríaGuillermo Manuel Santos Santos
Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Cotitoría: Estefanía Paredes Rosendo
Titoría: Francisco Javier Rocha Valdes
Tribunal Presidencia: Paula Diz Ferreiro
Vogalía: Javier Hervés Estévez
Secretaría: Cristina Delgado Núñez
ResumoA acuicultura é unha actividade en auxe, pola necesidade de recursos por parte dunha poboación cada vez maior, pero aínda pode mellorar moito para facelo máis eficiente e rendible. Unha das ramas que poden axudar a mellorar a acuicultura é a criopreservación, pero para levala a cabo con éxito é necesario coñecer ben as especies coas que se vai traballar. Por iso, este traballo pretende estudar Cyprinodon variegatus, un peixe que se utiliza habitualmente como peixe de acuario e que é fácil de criar en catividade, o que o fai ideal para a investigación. O estudo deste peixe céntrase no control do tamaño dos ovos, no estudo do seu desenvolvemento embrionario, na desinfección dos ovos, na eliminación do recubrimento mucoso adherente embrionario e na sensibilidade ás baixas temperaturas e aos crioprotectores. Observáronse as diferentes fases de desenvolvemento que atravesa a especie desde a posta dos ovos ata a súa eclosión, comprobouse que o seu tamaño oscila entre 982,43 e 1437,09 µm e o tempo de eclosión é de 5-8 días. Estudouse a desinfección e limpeza da mucosa adherente con fomaldehido, peróxido de hidróxeno e protease, sendo o fomaldehído o máis eficaz. Así mesmo, estudouse a capacidade de dano debido á exposición a baixas temperaturas para a súa conservación (lesión por frío) e comprobouse que ao reducir a temperatura a 3º C o desenvolvemento embrionario de Cyprinodon se ralentiza e que o DMSO actúa satisfactoriamente como crioprotector reducindo o danos por baixas temperaturas.
Volver