Secretaría Uvigo - Estudo da biodegradación e toxicidade de bioplásticos en condicións mariñas a pequena escala.

Estudo da biodegradación e toxicidade de bioplásticos en condicións mariñas a pequena escala.

AutoríaCarmen Veloso Cerredelo
Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Ricardo Beiras García-Sabell
Cotitoría: Sara López Ibáñez
Tribunal Presidencia: Ana María Bernabéu Tello
Secretaría: Bernardino González Castro
Vogalía: Iria García Moreiras
ResumoDebido a persistencia ambiental, a una mala xestión dos desfeitos en terra e a circulación global, os ecosistemas mariños están gravemente ameazados polos plásticos. A maioría acumúlanse no medio mariño, non só na superficie, senón tamén que moitos afúndense e quedan fóra da nosa visión acumulándose no sedimento e nos fondos mariños durante anos, polo que é probable que haxa moito máis plástico nos océanos do que pensamos. Ademais, os seus efectos adversos non afectan solo aos organismos mariños, se non que podrían afectar tamén aos seres humanos. A búsqueda de alternativa aos polímeros deu lugar a aparición de materiais novedosos comercializados baixo diferentes etiquetas como ?bioplásticos?, moitos dos cales, teóricamente, biodegrádanse una vez que chegan o medio ambiente, o que evitaría a súa acumulación.
Neste traballo evaluouse a capacidade de biodegradación e a toxicidade frente a larvas da especie Paracentrotus lividus (ourizo de mar) de un polímero biodegradable, (PBT), un plástico convencional e non biodegradable, o polietileno de baixa densidade (LDPE) utilizado como control negativo, e un polímero natural e biodegradable, a celulosa utilizada como control positivo
A biodegradabilidade dos films foi testada mediante un rexistro da pérdida de peso en diferentes tempos da mostraxe ao largo da exposición con un aporte de nutrintes inicial. A celulosa presentou unha notable biodegradación xunto co PBT. As mostras de polietileno de baixa densidade non mostraron pérdida de peso significativa.
En canto a proba de toxicidade, levouse a cabo a través de bioensaios con larvas de ourizos de mar. As mostras do polímero biodegradable mostraron unha toxicidade relevante antes do seu envellecemento en condición mariñas, mentras que as mostras de celulosa e LDPE non mostraron toxicidade algunha en ningún tempo de mostraxe. Por todo iso, conclúese que este estudio foi adecuado para determinar a biodegradabilidade e a toxicidade asociada ao medio mariño de plásticos de diferentes naturezas
Volver