Impacto do dragado na Ría do Burgo sobre o contido en mercurio dos bivalvos.
Autoría | Iria Afonso Cordeiro |
Data de defensa | 13/09/2023 |
Titulación | Grao en Ciencias do Mar |
Centro | Facultade de Ciencias do Mar |
Dirección |
Titoría: Ricardo Beiras García-Sabell |
Tribunal |
Presidencia: Paula Diz Ferreiro Vogalía: Javier Hervés Estévez Secretaría: Cristina Delgado Núñez |
Resumo | A ría do Burgo é unha das rías máis contaminadas de Europa según varios organismos internacionais. Un dos metais pesados máis destacados que se detectaron nela foi o Hg, moi tóxico e prexudicial para os seres humanos, que se acumula nos organismos que viven neste ecosistema e sirven de alimento para a poboación. Accións antrópicas como a actividade humana e industrial xeraron vertidos de residuos ao longo dos anos, deteriorando por completo esta ría. Na actualidad, estase realizando un dragado dos sedimentos da mesma para intentar a súa rexeneración. O obxectivo deste estudo foi comprobar se este dragado afecta á cantidade de Hg que se acumula nos organismos bivalvos, neste caso na especie de mexillón Mytilus galloprovincialis. Para iso, recolléronse mexillóns silvestres de roca dos 4 puntos máis internos da ría onde se estaba realizando o dragado, así como na praia de Bastiagueiro, afastada da influencia da mesma e, polo tanto, a nosa zona control. Diseccionáronse os mexillónss e pesáronse obtendo os pesos húmidos e secos, estes últimos despois de ser liofilizados. Analizouse a concentración de Hg que contiñan mediante a técnica de espectroscopía de absorción atómica-vapor frío (CV-AAS) e calculáronse os seus Índices de Condición (IC), comparando os resultados obtidos cos proporcionados pola rede de vixilancia do INTECMAR. Estes resultados mostraron diferencias significativas entre os IC de cada punto, así como un aumento da concentración de Hg nos mexillóns desde que se empezou a realizar esta actividade de dragado. A nosa conclusión final foi que o dragado non ten un impacto sobre a concentración final de mercurio destes organismos bivalvos, ademáis de que os niveis rexistrados están por debaixo da normativa europea para alimentos humanos. Palabras clave: Mercurio, CV-AAS, Ría do Burgo, dragado, mexillón, Índice de Condición. |