Algoritmo para a esqueletización de imaxes en GPU
Autoría | Ana Rodríguez Rodríguez |
Data de defensa | 12/09/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Informática |
Centro | Escola Superior de Enxeñaría Informática |
Dirección |
Titoría: Arno Formella |
Tribunal |
Titoría: Arno Formella |
Resumo | Na actualidade disponse de diferentes procesadores nos ordenadores para interpretar e executar as instruccións recibidas e coordinar a comunicación co resto de compoñentes do equipo. Nas novas xeracións a velocidade da execución en operacións aritméticas e lóxicas simples aumentaron expoñencialmente (lei de Moore), entre outras cousas gracias o aumento de núcleos e a posibilidade de utilizar os mesmos de forma simltánea para executar un programa. Pese a ter máis núcleos actuando en paralelo e a unha frecuencia de reloxo máis alta, os efectos no rendemento poden chegar a ser bastante pequenos debido a outros factores que interveñen na execución. Entre os mesmos atópase a limitación de ancho de banda a memoria. A medición de rendemento caracterizase mediante o speedup na latencia, que nos da a relación entre a arquitectura 1 e a arquitectura 2. Observase que a pesar da cantidade de núcleos e da paralelización das operacións, prodúcese unha mellora no rendemento baixa. Isto débese a que se produce un "cuello de botella"na entrada a memoria para acceder os datos. A finalidade de este traballo de fin de grado e transformar un algoritmo para a esqueletización de imaxes binarias para que sexa executado nunha unidade de procesamento gráfico. Neste, o ancho de banda para a comunicación de datos é moito maior que no caso da unidade central de procesamento, polo que se espera observar unha gran reducción en tempos de execución o solucionar o problema principal de atasco no acceso a memoria. Para elo utilizarase como base do desenvolvemento o sistema operativo Linux e o código implementarase con modelo de programación CUDA C++. |