Reconstrución de modelos BIM a partir de datos LiDAR low-cost.
Data de defensa | 13/09/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Cotitoría: Antonio Fernández Álvarez Titoría: Lucía Díaz Vilariño |
Tribunal |
Presidencia: Enrique Paz Domonte Vogalía: Jorge Marcos Acevedo Secretaría: Alejandro Gómez Yepes |
Resumo | Usando a tecnoloxía LiDAR é posible adquirir nubes de puntos 3D que representan unha superficie escaneada. Actualmente, os modelos tridimensionais de interiores de edificios son útiles en moitos sectores da industria, e o desenvolvemento de métodos para automatizar a reconstrución destes modelos é cada vez máis importante. Os modelos BIM (Building Information Models), moi utilizados no ámbito da construción e da arquitectura, permiten xestionar representacións virtuais aportando toda a información necesaria (xeometría, materiais, custos?). Este proxecto céntrase na reconstrución de tabiques a partir dunha nube de puntos adquirida con ScanPlan de Faro. En primeiro lugar, preséntanse os problemas existentes en canto á reconstrución automática de nubes de puntos e faise unha breve explicación teórica dos conceptos clave. Ademáis, realízase unha revisión da situación actual e dos métodos xa existentes para levar a cabo a reconstrución de edificios, tanto en 3D como en 2D. Por outra banda, proponse un método que permita unha reconstrución de tabiques o máis precisa posible, utilizando algoritmos capaces de detectar e modelar os elementos arquitectónicos necesarios para este traballo. Finalmente, tamén se realiza unha comprobación do método proposto. |