Secretaría Uvigo - Filtro de expresións regurales para contido HTTP

Filtro de expresións regurales para contido HTTP

Data de defensa12/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Informática
CentroEscola Superior de Enxeñaría Informática
Dirección Titoría: Silvana Gómez Meire
Tribunal Titoría: Silvana Gómez Meire
ResumoO filtrado de contido HTTP é unha estratexia de control sobre o contido que busca proporcionar seguridade, mellora de rendemento ou a modificación do mesmo contido HTTP para diversos obxectivos. Este obxetivo conséguese mediante o uso dun filtro usado hoxe en día por ferramentas como analizadores, servidores, Gateways, etc.
O filtro pode perseguir diversos obxectivos como por exemplo:
- Establecer un número máximo de bytes por cabeceira, payload, url, query, etc.
- Bloque de petición con URLs que conteñen unha serie de caracteres específicos.
- Bloqueo de métodos HTTP, extensións, cabeceiras, etc.
- Bloqueo de firmas.
-Modificación do contido, por exemplo, modificación de html estático para engadir código fonte ó mesmo.

O obxectivo deste TFG é proporcionar un filtro de expresións regurales para contidos HTTP transparente ao usuario mediante a captura de paquetes de resposta HTTP e sobre o contido HTTP tipo text/* transferido, usando expresións regurales para filtrar términos dunha lista negra. Para conseguir esta funcionalidade empregaranse as librerías libpcap en C ou libtins e libcrafter para á obtención do contido HTTP, estas últimas facendo posible a manipulación de paquetes "on the fly". Para o filtrado de termos ou expresións regulares dunha lista negra usarase pcre_regex.
A metodoloxía empregada será SCRUM, onde a documentación farase ao longo de todo o proxecto.
Empregarase un sistema operativo GNU/Linux nun equipamente hardware de sobremesa para a imprementación en C xunto coas librerias libpcap, libtins e libcrafter.
Volver