Secretaría Uvigo - Optimización da síntese de eléctrodos baseados en óxidos de ferro sobre substrato de aceiro para baterías ión-Li

Optimización da síntese de eléctrodos baseados en óxidos de ferro sobre substrato de aceiro para baterías ión-Li

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: María Beatriz Guitián Saco
Cotitoría: Aránzazu Pintos Alonso
Tribunal Presidencia: Estrella Álvarez da Costa
Vogalía: Sandra Bolaño García
Secretaría: Maria Remedios Yañez Diaz
ResumoDende a creación da primeira pila voltaica no século XIX, a tecnoloxía de almacenamento electroquímico formou parte da nosa vida crecendo e creando novas variantes que debía cumprir cos requisitos da época e buscando sempre innovar, dende buscar novos materias pasando pola súa capacidade de almacenaxe ata a optimización da súa fabricación. Pero é en esta últimas décadas onde a parte de ter que cumprir coa gran demanda do aumento de dispositivos electrónicos que utilizan as persoas na súa vida cotiá, súmaselle que tivo que adaptarse ós tempos desempenando novas funciones; e é en estas novas funciones como son a mobilidade eléctrica e o almacenamento de enerxía eléctrica , en especial se proven de fontes renovables, onde se está vendo o importante papel que ten para deixar atrás a dependencia dos combustibles fósiles e lograr unha transición enerxética sostible e ecolóxica.
Po lo que este traballo centrase na obtención e optimización do material activo de eléctrodo baseada en capas de conversión de óxidos de ferro para o seu uso en baterías de ión-Li. Ditas capas sintetízanse electroquimicamente sobre o substrato de aceiro o carbono que actuará de colector de corrente nas baterías de ión-Li. A obtención do material activo directamente sobre o colector de corrente diminúe a caída óhmica na interface entre o colector e o material activo debido a que se substitúe dicha interface, tradicionalmente mecánica , por unha interface química. Ademais, mediante a selección do aceiro o carbono pretendese mellorar a condutividade da capa de óxidos de ferro debido a difusión do carbono dende o material metálico a capa de conversión durante o proceso de síntese das capas. As capas obtidas por vía electroquímica cicláronse galvanostaticamente en celas prototipo ión-Li para analizar o efecto do incremento da condutividade no ciclado das baterías.
Volver