Deseño e desenvolvemento dun sistema intelixente aplicado ao diagnóstico do trastorno bipolar baseado nun modelo de rede neuronal convolucional.
Data de defensa | 15/09/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Biomédica |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Jorge Cerqueiro Pequeño Cotitoría: Manuel Casal Guisande |
Tribunal |
Vogalía: Christian Gil Pereira Coordinación: Antonio Riveiro Rodríguez Secretaría: David Cabaleiro Álvarez |
Resumo | Este estudo busca desenvolver unha abordaxe inovadora para diagnosticar o trastorno bipolar utilizando datos proteómicos transformados en imaxes. O obxectivo é crear unha rede neuronal capaz de clasificar con precisión aos pacientes como afectados ou non afectados polo trastorno. Recolleranse datos proteómicos de individuos con diagnóstico de trastorno bipolar e dun grupo de control. Estes datos serán transformados en imaxes que representan os niveis de expresión de proteínas. A partir destas imaxes, adestrarase unha rede neuronal para recoñecer patróns e correlacións co trastorno bipolar. Se se logra, esta abordaxe podería mellorar a precisión e obxectividade do diagnóstico, facilitando unha detección precoz e un tratamento máis efectivo. Ademáis de mellorar a precisión do diagnóstico, esta abordaxe podería contribuír ao desenvolvemento de estratexias terapéuticas máis personalizadas e mellorar os resultados dos pacientes. Este estudo promete avanzar na nosa comprensión dos mecanismos subxacentes da enfermidade e impactar positivamente no campo da medicina personalizada. |