Análise da penetración do campo magnético estático na cortiza cerebral realista dun paciente pediátrico.
Data de defensa | 15/09/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Biomédica |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Eduardo Suárez Porto Cotitoría: Jesús Vence Fernández |
Tribunal |
Vogalía: Christian Gil Pereira Coordinación: Antonio Riveiro Rodríguez Secretaría: David Cabaleiro Álvarez |
Resumo | Os campos magnéticos teñen moitas aplicacións en diversas áreas por exemplo electrónica e medicina. As técnicas de estimulación cerebral consisten en procedementos para o estudo e tratamentos de trastornos neurolóxicos, por exemplo, a epilepsia. Concluíuse en diversos estudos que os campos magnéticos estáticos (SMF) de 0.5 T diminúen o nivel de actividade da cortiza cerebral. Concretamente aumentan o tempo entre o inicio da crise epiléptica e a aparición de convulsións. As investigacións só foron probadas en animais polo que neste traballo búscase facer unha primeira simulación en humanos por medio de programas. A partir dunha resonancia magnética (MRI) dun artigo médico con base de datos aberta se segmentó o cerebro, o cranio e a pel da cabeza dun neno pequeno utilizando ITK-Snap e utilizouse SpaceClaim para suavizar e limpar os modelos obtidos. No presente traballo, partindo dun modelo dun casco de imáns xa desenvolvido estúdase a penetración dun campo magnético estático no cerebro. Ditas simulacións magnetostáticas realizáronse mediante o programa ANSYS Workbench (Magnetostatic). Cos resultados obtidos suxírense futuras liñas de ampliación para o desenvolvemento dun casco que cumpra máis eficientemente os parámetros que se buscan. |