Secretaría Uvigo - Procesamento de sinais encefalográficas de rato para a detección de ataques de epilepsia baixo tratamento con campos magnéticos estáticos

Procesamento de sinais encefalográficas de rato para a detección de ataques de epilepsia baixo tratamento con campos magnéticos estáticos

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Biomédica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: María Concepción Paz Penín
Titoría: Eduardo Suárez Porto
Tribunal Vogalía: Christian Gil Pereira
Coordinación: Antonio Riveiro Rodríguez
Secretaría: David Cabaleiro Álvarez
ResumoSegundo a OMS, a epilepsia é un trastorno neurolóxico que altera a actividade normal do cerebro e que sofren uns 50 millóns de persoas. Isto convértea nunha das patoloxías neurolóxicas máis comúns do mundo. Ademais, calcúlase que o 70% das persoas con epilepsia poderían vivir sen convulsións se fosen diagnosticadas e tratadas adecuadamente. Isto fai que o diagnóstico precoz sexa unha prioridade á hora de tratar esta patoloxía. Para iso, nos últimos anos investigáronse diferentes mecanismos que permiten diagnosticar con precisión e rapidez a presenza de epilepsia mediante sinais encefalográficos.
Neste traballo de fin de grao estudaranse diferentes parámetros dos sinais encefalográficos de rato para determinar a presenza e a gravidade das crises epilépticas. En primeiro lugar, atendendo á bibliografía actual dispoñible, determínanse parámetros dos sinais encefalográficos que permiten detectar tanto a presenza de crises epilépticas. Posteriormente, parametrizanse os sinais obtidos experimentalmente de ratos nos que se inducían convulsións epilépticas, así como sinais de ratos sans e ratos con ataques epilépticos que están baixo tratamento magnético. Unha vez obtidos os parámetros, compáranse os diferentes resultados de cada grupo de sinais para comprobar se este método de procesamento permitiría categorizar adecuadamente os encefalogramas de rato, así como determinar se hai mellora á hora de realizar o tratamento.
Volver