Contribucións ao estudo e mellora de intercambiadores de calor para a xestión térmica do vehículo eléctrico mediante software cfd.
Autoría | Moisés Lorenzo Beiroa |
Data de defensa | 15/09/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Mecánica |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Cotitoría: Christian Gil Pereira Titoría: Jesús Vence Fernández |
Tribunal |
Vogalía: José Manuel Santos Navarro Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro Secretaría: Alejandro Molares Rodríguez |
Resumo | A eficiencia térmica xoga un papel fundamental no contexto da refrixeración dos vehículos eléctricos. A xestión adecuada da temperatura nos sistemas de propulsión eléctrica axuda a maximizar o alcance, a duración da batería e o rendemento xeral do vehículo. O Adjoint soler de Ansys Fluent é un complemento recentemente incluído no software CFD que permite, segundo parámetros de cálculo iterativo, optimizar xeométricamente unha malla 2D ou 3D, adaptándose a obxectivos e restricións impostas previamente. Este traballo trata de determinar a aplicación real do "Adjoint Solver" á mellora da eficiencia nos sistemas de refrixeración das baterías dos vehículos eléctricos. O módulo de optimización abordase dende unha xeometría simplificada do intercambiador de calor. Trátase de cambiar a xeometría pedindo as esixencias de mellora da caída de presión no intercambiador e a diminución da temperatura máxima rexistrada na superficie quentada. O comportamento do módulo avalíase tanto ante cada variable por separado como a esixencia de optimización de ambas variables simultaneamente. En ambos os casos, compárase o comportamento ante requirimentos de distinta magnitude, así como a constancia dos resultados cando se enfrontan a datos de entrada idénticos. Unha vez determinado o comportamento do "Adjoint Solver", pásase a unha xeometría máis afín á realidade para realizar a súa optimización e verificar a aplicación do modelo a un caso real. |