Optimización do uso do sistema híbrido dun Fórmula 1
Data de defensa | 15/09/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Mecánica |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Jacobo Porteiro Fresco |
Tribunal |
Vogalía: José Manuel Santos Navarro Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro Secretaría: Alejandro Molares Rodríguez |
Resumo | Nunha competición tan complexa e onde sempre búscase a perfección como é a Fórmula 1 é moi importante preparar os fines de semana de Gran Premio incluso antes de que estes comecen, como, por exemplo, buscar o mellor rendemento do monopraza utilizando os simuladores. Neste Traballo de Fin de Grado búscase optimizar o funcionamento do sistema de recuperación de enerxía dos coches de Fórmula 1 modernos co fin de obter o mellor tempo por volta teórico posible. Para isto partiuse de OpenLAP, un simulador de libre uso programado en MatLab, ao que se lle modificou o código para que tamén teña en conta a utilización da enerxía proveniente do motor eléctrico á hora de calcular o tempo por volta. Probaranse diferentes estratexias á hora de elixir en que zonas aproveitar a potencia extra da batería e se verá cal é a máis óptima cara a preparar un hipotético fin de semana de Gran Premio. Esta análise de tempo por volta realizarase tomando coma referencia aos monoprazas de diferentes regulamentos: Os que se utilizaron na tempada 2009 e da tempada 2011 ata a 2013 (que son os que incorporaban o sistema KERS) e os que montan os motores V6 turbo-híbridos dende 2014 ata a actualidade. |