Construción dun modelo de elementos finitos (FEM) para a simulación dos efectos da terapia de estimulación cerebral profunda (DBS).
Data de defensa | 14/09/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Biomédica |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: José Ángel López Campos |
Tribunal |
Vogalía: Manuel Cabaleiro Núñez Secretaría: Miguel Concheiro Castiñeira Presidencia: Enrique Casarejos Ruiz |
Resumo | A estimulación cerebral profunda (DBS) é unha terapia utilizada no tratamento de enfermidades neurolóxicas como a enfermidade de Parkinson, distonía e temor esencial. É unha técnica en auxe na neurocirurxía, e actualmente o seu uso está en estudo para outras patoloxías do ámbito da Neuroloxía e da Psiquiatría, como o síndrome de Tourette, o trastorno obsesivo e a enfermidade do Alzheimer. A DBS baséase no uso dun ou máis electrodos para transmitir os pulsos eléctricos xerados a rexións específicas do cerebro. A estimulación eléctrica pode axustarse finamente para maximizar os beneficios clínicos e evitar a propagación fóra da zona obxectivo e os efectos adversos non desexados. Este traballo centrarase en construír un modelo de elementos finitos (FEM) para simular a dita terapia na enfermidade do Alzheimer. Para iso desenvolverase nun modelo 3D das áreas afectadas pola enfermidade (Hipocampo-Fórnix-Corteza Entorrinal-Amígdala), así como de estruturas adxacentes que, aínda que non estean involucradas no circuíto da memoria, poden influír sobre os resultados. Tamén se realiza un deseño 3D de distintos tipos de electrodos co obxectivo de comparar o efecto causado polo campo eléctrico xerado. Ademais das diferentes xeometrías, tamén se estudarán, diferentes parámetros de voltaxe e amplitude de corrente, e distintas posibilidades de colocación dos electrodos, adquirindo como resultado o volume de tecido estimulado en cada caso, co fin de establecer aqueles parámetros máis apropiados para a enfermidade do Alzheimer. |