Secretaría Uvigo - Aplicación móbil para xestionar gastos persoais

Aplicación móbil para xestionar gastos persoais

Data de defensa12/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Informática
CentroEscola Superior de Enxeñaría Informática
Dirección Titoría: Francisco José Ribadas Pena
Tribunal Titoría: Francisco José Ribadas Pena
ResumoEsta proposta de TFG pretende desenvolver unha aplicación móbil de xestión de gastos persoais que se alimente dalgunha API para acceder ás contas correntes bancarias. Preténdese que o usuario da aplicación dispoña dunha versión unificada de todos os movementos realizados nas contas bancarias da súa propiedade que teña rexistradas na aplicación. Con esta información pódense ofrecer funcións complementarias como agrupar os gastos por tipo (ocio, alimentación, viaxes, alugueres, etc.) ou estatísticas básicas de gastos (semanais, mensuais, etc.).

Para a implantación desta ferramenta proponse o desenvolvemento dunha aplicación que fará uso dunha ou varias API de Open Banking.

En canto ao proceso de desenvolvemento a seguir, dada a incerteza inicial sobre as funcionalidades a proporcionar e o acceso a información de terceiros a través de API externas, considerouse oportuno seguir un proceso de desenvolvemento áxil cunha metodoloxía inspirada en Scrum, que permita adaptar o proceso de desenvolvemento.ámbito ou desenvolvemento do proxecto ás novas necesidades que se identifiquen.
Volver