Desenrolo dun procedemento metodoloxico para implementar o deseño e fabricación aditiva de porcelana sanitaria personalizada.
Data de defensa | 13/09/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Mecánica |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Iván Iglesias Sánchez Cotitoría: José Enrique Ares Gómez |
Tribunal |
Presidencia: María Cristina Trillo Yáñez Secretaría: Iria Feijoó Vázquez Vogalía: José Ignacio Iglesias Prado |
Resumo | O presente traballo pretende desenrrolar unha posible solución para a fabricación de porcelana personalizada para o sector residencial, posto que non se atoparon evidencias da existencia de algunha alternativa que permita potenciar a fabricacion de ceramica personalizada para o sector sanitario na actualidade. A idea que se desenrrolará neste traballo será a de aportar a esta industria un procedemento metodoloxico que permita deseñar e fabricar de maneira competitiva compoñentes cerámicos para uso sanitario, abrindo un camiño cara a comercialización de productos personalizados ou en lotes pequenos de fabricación,e que permitan modernizar o mercado actual o incorporar un habilitador tecnológico como é a fabricación aditiva. Para elo realizaráse un estudo das distintas alternativas de tecnoloxías de fabricación aditiva existentes no mercado e seleccionarase a mais apropiada para implementar no posible caso de solución [2]. Tras a súa selección procederase a definir o procedemento metodoloxico en detalle, indicando as suas posibles capacidades e limitacions para resolver o proceso de fabricación empleando dita tecnoloxía [3],[1]. Posteriormente elexirase un caso de aplicación, para aplicar o procedemento metodoloxico e resolver o problema de deseño e fabricación de dito caso aplicando esta nova tecnoloxia. Finalmente realizarase unha análise e discusión da viabilidade de implantación desta tecnoloxia de fabricación aditiva na industria e si suporia unha posible revolución. |