Secretaría Uvigo - Caracterización mecánica de soldaduras con aporte de aceiro inoxidable sobre aceiro o carbono mediante soldadura microMIG.

Caracterización mecánica de soldaduras con aporte de aceiro inoxidable sobre aceiro o carbono mediante soldadura microMIG.

AutoríaAntón Brea Sendón
Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Primo Hernández Martín
Tribunal Vogalía: David Álvarez González
Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Secretaría: Antonio Fernández Ulloa
ResumoNeste traballo desarrollaráse o procedemento levado a cabo para o estudio das características mecánicas de soldaduras realizadas
con aporte de aceiro inoxidable mediante soldadura microMIG, basada no proceso Cold Metal Transferring de soldadura a baixa
temperatura, para o recargue ou recubrimento de elementos de aceiro o carbono. Esta tecnoloxía pretende ser implantada nun
proxecto de célula hibrida de soldadura e mecanizado na empresa HERGOME S.L. como un proceso de alto valor engadido.
O procedemento pretende estudiar a calidade da adhesión de materiais inoxidables como o AISI 316 ou 410 o ser soldados sobre un
aceiro o carbono, ademais das propiedades do material aportado. Entre estas propiedades destácanse a resistencia mecánica, a
corrosión, a desgaste por fricción e a fatiga rotativa.
Este procedemento baseárase no marco normativo internacional de homologación de procesos de soldadura, que desenvolve
métodos para verificar a calidade dos produtos finais mediante diversos ensaios, entre os que se encontran ensaios non destrutivos
como a inspección visual e os líquidos penetrantes ademais de ensaios destrutivos como ensaios de tracción, pregado, etc. O
obxectivo destes procedementos e ensaiar as propiedades que se consideran máis críticas nun produto construído mediante
soldadura, como pode ser a adhesión o material base no caso do ensaio de tracción ou a aparición de rachaduras no material de
aporte ou na zona afectada térmicamente no ensaio de dobrado, entre outros.
Volver