Secretaría Uvigo - Optimización do sistema de fabricación, almacenaxe e loxística de pezas nunha empresa de mecanizados.

Optimización do sistema de fabricación, almacenaxe e loxística de pezas nunha empresa de mecanizados.

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Ana Isabel Sinde Cantorna
Tribunal Vogalía: José Luis González Cespón
Presidencia: Manuel Doiro Sancho
Secretaría: Óscar García Álvarez
ResumoEste proxecto de fin de grao consiste nunha proposta para mellorar a eficiencia dunha empresa de mecanizados. Para levalo a cabo, primeiro analizarase a distribución actual da mesa de traballo na sección de montaxe, así como a maneira actual de ensamblar as bisagras. Despois, estudarase como automatizar parte dese proceso deseñando un espazo de traballo máis ergonómico que facilite o traballo e reduza a fatiga dos operarios.
Á parte diso, tamén se buscará optimizar o almacén principal da nave e a almacenaxe da sección de montaxe, centrándonos nas palas e casquillos que máis se usan no proceso produtivo. Así mesmo, para poder organizar e ordenar os distintos almacéns, estudarase a rotación dos produtos e cal é a mellor localización para os mesmos tendo en conta a seguridade dos operarios.
Por último, tamén se estudará a forma de mellorar o transporte interno para reducir os desprazamentos e optimizar os retornos.
Volver