Secretaría Uvigo - Deseño, desenvolvemento e implantacion dun sistema de control da produción nunha empresa industrial

Deseño, desenvolvemento e implantacion dun sistema de control da produción nunha empresa industrial

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jose Carlos Prado Prado
Tribunal Secretaría: Roberto Bellas Rivera
Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño
Vogalía: José Carlos Troncoso Saracho
ResumoO TFG realizarase nunha empresa do sector industrial, unha fabrica de doces. O obxectivo do traballo é deseñar e implementar, na fábrica, unha ferramenta para conseguir un control do inventario e tamén da produción.
Para lograr ese obxectivo, ao longo do TFG desenvolveranse as seguintes ideas que se necesitan para poder dar lugar a dita organización e control da produción.
Determinarase un sistema de organización da zona que ten a empresa destinada para almacenar tanto a materia prima como o produto terminado, coa finalidade de reducir os custos. Outra actuación será conseguir unha planificación da produción fiable, xa que actualmente é algo do que carecen pola falta de material, debido á falta de control de stock.
Por outro lado, determinar como se levará a cabo o control de produto semiterminado, xa que actualmente carecen del. Outro dos aspectos é a realización das listas de materiais, centrando o traballo na liña de paletas e bombóns. Unha recompilación de información sobre os provedores das materias primas, para facilitarlles a información xa que non teñen unha base de datos dos distintos provedores.
Un aspecto a estudar tamén son os desperdicios que teñen durante a produción, o obxectivo é precisar mellor eses desperdicio por produción para asegurar que non supera o porcentaxe estipulado pola empresa. Ademais de poder saber se a produción é próxima á óptima, xa que actualmente se pagan bonos por produción aos operarios como eles din ?a ollo?.
Por tanto, lévanse a cabo unha serie de actividades para poder mellorar o control de stock e que poidan obter unha serie de datos de forma precisa.
Volver