Análise, diagnóstico e propostas de mellora do sistema de información dunha empresa de carpintaría.
Autoría | Ismael Lago Blanco |
Data de defensa | 15/09/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría en Organización Industrial |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: José Antonio Comesaña Benavides |
Tribunal |
Secretaría: Roberto Bellas Rivera Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño Vogalía: José Carlos Troncoso Saracho |
Resumo | O obxectivo fundamental deste traballo é analizar o sistema de información dunha empresa do ámbito da carpintaría, para detectar as causas dos seus problemas e obter un diagnóstico que permita avaliar diferentes opcións de mellora. No sector da carpintaría é común a fabricación por proxectos e personalizada para cada cliente, por iso é sinxelo que aparezan dificultades no control e xestión da información cando o volume de produción aumenta. Para minimizar, resolver e evitar o xurdimento de problemas cómpre dispor dun sistema de información que se adapte aos requirimentos e necesidades da empresa. No mercado de solucións software atópanse diferentes sistemas de xestión enfocados a proveer ás empresas das ferramentas que precisan para recibir, xestionar, utilizar e compartir a información dos seus procesos. Para unha empresa, a adquisición dunha solución deste tipo pode supor un grande investimento, non so económico, senón tamén en tempo e esforzos; mais tamén supón un gran compromiso coa ferramenta que adquire pola influencia que ten nos seus propios procesos. Na análise dos problemas estudáronse as causas polas que xorden e os requisitos cos que deberá cumprir o sistema de información para corrixilas. Estes requisitos foron utilizados para buscar no mercado de ERP?s e software de xestión diferentes opcións que se adapten ás necesidades da empresa para mellorar nos seus procesos. |