Secretaría Uvigo - Deseño, desarrollo e implantación dun sistema de xestión da produción nun grupo empresarial do automóbil

Deseño, desarrollo e implantación dun sistema de xestión da produción nun grupo empresarial do automóbil

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jose Carlos Prado Prado
Tribunal Secretaría: Roberto Bellas Rivera
Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño
Vogalía: José Carlos Troncoso Saracho
ResumoEste proxecto xurde como parte da miña incorporación a unha empresa que forma parte dun grupo empresarial do sector do automóbil.
Este TFG ten como obxectivo o deseño, desenvolvemento e implantación dun sistema de xestión da produción estándar para as diferentes plantas que compoñen o grupo.
Para conseguir este obxectivo, o TFG estrutúrase da seguinte maneira. En primeiro lugar, un capítulo de introdución ao proxecto cun breve resumo, antecedentes, obxectivos, alcance, etc. Nun segundo capítulo, detállanse diferentes aspectos da empresa considerados importantes para a realización do proxecto, como as súas plantas, procesos, análise da situación actual, deficiencias, etc. Posteriormente, desenvólvese o plan de actuación que consiste no deseño e desenvolvemento do sistema de xestión, creando un prototipo en Excel que será validado nas diferentes plantas do grupo para finalmente elixir un software definitivo no que desenvolver o sistema e realizar a implantación. Neste capítulo trátanse os aspectos dentro do alcance do sistema de xestión, como a planificación da produción, MRP, xestión de recursos, xestión da participación de mercado, etc.
Finalmente, pecha o TFG un capítulo coas conclusións obtidas e os anexos considerados necesarios.
Volver