Deseño, desenvolvemento e implantación dun plan de melloras nunha empresa do sector téxtil
Data de defensa | 15/09/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría en Organización Industrial |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Titoría: Jose Carlos Prado Prado |
Tribunal |
Secretaría: Roberto Bellas Rivera Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño Vogalía: José Carlos Troncoso Saracho |
Resumo | Este proxecto nace da necesidade de realizar unha serie de melloras na área de Produción dunha empresa do sector téxtil. En primeiro lugar, mencionaranse os puntos clave a mellorar, establecendo así o alcance do proxecto: aplicación do método das 5S's nas mesas e estantes da área de Produción mediante un criterio de clasificación ABC, parametrización de todalas tipoloxías de caixa existentes no picking do almacén para a súa posterior recolocación y reabastecemento en automático dende o almacén ata as mesas utilizando un entorno ERP. Para isto, realizarase un estudio dos recursos que precisan en Produción onde se clasificarán mediante un criterio ABC e posteriormente levarase a cabo un saneamento das mesas eliminando os obsoletos. Por outro lado, realizarase unha medición exhaustiva de todalas caixas da zona de picking a partir do listados de recursos mencionado con anterioridade, creando unhas denominacións específicas compatibles co ERP. A partir do resultado obtido nas medicións, recolocaranse as caixas segundo a súa proximidade ás mesas para reducir tempos e desprazamentos. Finalmente, mecionar que o principal obxectivo deste proxecto é a optimización do picking para poder reabastecer en automático a área de Produción mediante a utilización dun entorno ERP. Este traballo completarase cunha posible xustificación económica das melloras propostas e a formulación a liñas futuras. |