Secretaría Uvigo - Deseño, desenvolvemento e implantación do novo molde para o sistema de impermeabilización de perforacións

Deseño, desenvolvemento e implantación do novo molde para o sistema de impermeabilización de perforacións

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jose Carlos Prado Prado
Tribunal Secretaría: Roberto Bellas Rivera
Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño
Vogalía: José Carlos Troncoso Saracho
ResumoEste TFG xorde como resultado da miña incorporación a unha empresa do sector da construción. O estudo que se levará a cabo será o deseño, desenvolvemento e implantación dun novo molde para o sistema existente de impermeabilización de perforacións.

O Sistema actual utilízase para selar perforacións en superficies planas onde existen dificultades de impermeabilización. O sistema está composto por tres elementos:

1. Molde PC/PL: son moldes ríxidos de diferentes tamaños e configuracións (circulares, rectos e esquinas). Estas pezas son, nas súas superficies exteriores, resistentes ao xeo, á corrosión, aos raios ultravioleta e á auga estancada.
2. Selante SD: é un selante para pegar e selar os moldes. É un selante estrutural de masilla, autofixante que é compatible coa humidade.
3. Selante SL: é un selante de recheo. É un material semilíquido, permanentemente flexible, autonivelante, compatible coa humidade.

O Sistema de impermeabilización de perforacións é un sistema prefabricado, que é fácil de instalar en superficies planas. Os selantes teñen un secado rápido que permite converter a solución nun sistema totalmente impermeable en poucos minutos despois da súa aplicación. Non presenta ningún tipo de disolventes e resiste calquera condición meteorolóxica adversa. A facilidade de aplicación fai que sexa unha solución rápida e eficaz.

O problema actual da solución preséntase nos moldes ríxidos do sistema. Estes moldes teñen tamaños e formas estándar que se encaixan entre si. As súas dimensións fixas imposibilitan a adaptación do produto a pequenas perforacións, situacións de múltiples perforacións ou formas irregulares. Tendo que empregarse grandes moldes e, en consecuencia, grandes cantidades de selantes, desperdiciando moito espazo e material.

Neste TFG estudarase como implantar un novo molde que permita adaptarse a todas as formas e situacións presentes na obra sen ter que limitarse a parámetros estándar.
Volver