Secretaría Uvigo - Sistema de detección de defectos superficiais en pezas de plástico basado en visión artificial e iluminación multiángulo.

Sistema de detección de defectos superficiais en pezas de plástico basado en visión artificial e iluminación multiángulo.

AutoríaGabriel Monteagudo Suárez
Data de defensa12/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Juan José Rodríguez Andina
Cotitoría: Carlos González Val
Tribunal Vogalía: Fernando Machado Domínguez
Secretaría: Alejandro Fernández Villaverde
Presidencia: Andres Augusto Nogueiras Meléndez
ResumoNeste traballo realizarase o desenvolvemento e validación dun sistema de detección de defectos superficiais para materiais plásticos basado na captura de imaxes cunha cámara industrial e iluminación multiángulo.

Partindo dunha iluminación multiángulo desenvolvida nun traballo previo, búscase optimizar a configuración da iluminación para resaltar os defectos para diferentes tipos de pezas, sincronizar a captura dunha cámara ca iluminación, i elaborar os algoritmos axeitados para combinar as imaxes capturadas pola cámara, extraendo delas a información dos defectos superficiais nas pezas.

Inicialmente realízase un estudio do hardware do sistema e das cámaras industriais e deséñase o sistema de sincronización entre ambos. A continuación se desenvolve un programa de ordenador que permita lanzar unha captura na que se obteñan imaxes con diferentes ángulos de iluminación. Este programa ademáis combina as imaxes capturadas resaltando a información dos defectos, o que facilitaría o traballo dun operario ou dun algoritmo de redes neuronais que realice a inspección. Finalmente, valídase o sistema comparando os resultados obtidos para diferentes pezas con técnicas convencionais de visión artificial; para isto haberá que ter en conta tanto o resalte dos defectos(se consigue ou non destacar mellor os mesmos) como a velocidade de procesado das imaxes.
Volver