Secretaría Uvigo - Optimización da reconstrución de mallas 3D a partir de nubes de puntos para a súa integración en ' game engines ' (Unreal Engine 5)

Optimización da reconstrución de mallas 3D a partir de nubes de puntos para a súa integración en ' game engines ' (Unreal Engine 5)

AutoríaRaúl Ponte Baquero
Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Pedro Arias Sánchez
Cotitoría: Enrique Bauzá Mingueza
Tribunal Presidencia: Enrique Paz Domonte
Vogalía: Jorge Marcos Acevedo
Secretaría: Alejandro Gómez Yepes
ResumoEste TFG consiste na optimización da reconstrución de mallas 3D a partir de nubes de puntos, xa que, na actualidade, dado
ao importante avance nas técnicas de dixitalización (sensores láser, fotogrametría) é posible obter modelos tridimensionais
verdadeiramente fieis ás superficies reais dixitalizadas. Estes modelos moitas veces constan de nubes de puntos, das cales é interesante obter mallas poligonais para a súa integración en ?game engines? de maneira que podamos recrear contornas reais con precisión en diversos tipos de aplicacións coma, por exemplo, realidade virtual.

Neste traballo vaise traballar na optimización dun dos algoritmos de reconstrución de mallas poligonais a partir de nubes
de puntos.

Este algoritmo é o ?Ball Pivoting Algorithm? [1], no cal reconstrúese a malla mediante unha bola virtual que vai pivotando
en torno ós lados dos triángulos que van reconstruíndose (partindo dun triángulo semilla) xerando novos triángulos. A eficacia da reconstrución deste algoritmo depende do radio seleccionado para a bola pivotante, se o radio é demasiado pequeno a parte da malla correspondente ás zoas menos densas da nube non será reconstruída e, se o radio é demasiado grande, a malla reconstruiríase con triángulos demasiados grandes perdendo nivel de detalle na reconstrución.

Para mellorar isto, proponse implementar un algoritmo para determinar diferentes radios para usar na reconstrución que
sexan dependentes das densidades de puntos que encóntranse nas diferentes partes da nube. Desta maneira conseguirase que cada zoa da nube reconstrúase co radio óptimo.
Volver